![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/35/Bolden_NASA_Budget_2012.jpg/640px-Bolden_NASA_Budget_2012.jpg&w=640&q=50)
Orzamento
cálculo por anticipado dos custos que implicaría unha actividade económica / From Wikipedia, the free encyclopedia
Orzamento[1] ou presuposto[2][3] é o cálculo por anticipado dos custos que implicaría unha determinada obra, servizo ou calquera outra actividade económica.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/35/Bolden_NASA_Budget_2012.jpg/640px-Bolden_NASA_Budget_2012.jpg)
A elaboración dun orzamento permite ás empresas, os gobernos, as organizacións privadas ou mesmo ás familias establecer prioridades e avaliar a consecución dos seus obxectivos. Para alcanzar estes fins, pode chegar a ser preciso incorrer en déficit, isto é, que os gastos superen aos ingresos, ou pola contra, ser posíbel aforrar, de xeito que o orzamento presentará un superávit (os ingresos son maiores que os gastos).