From Wikipedia, the free encyclopedia
A orografía (do grego όρος, montaña, e γραφία, descrición) é a parte da xeografía física, e tamén da xeomorfoloxía, que estuda o relevo terrestre e a súa estrutura nunha rexión determinada.
En modelos xeocientíficos, coma os modelos xerais de circulación, a orografía define o límite inferior (agás onde houber océano). Coma a representación orográfica faise dende o espazo segundo a media das altitudes da célula considerada (por exemplo, a representación das coras das montañas do Himalaia) haberá depender da resolución horizontal coa que se traballa. Canto máis alta sexa a resolución horizontal, mellor representará a orografía do terreo real.[1]
Cando os tributarios dun río ou a estrutura dunha cunca son catalogados en secuencia orográfica, os que teñen unha orde máis elevada son os que se atopan próximas aos nacementos do río, mentres que as de orde menor atópanse próximas á desembocadura. Este método de catalogar tributarios é inverso á Orde de Corrente de Strahler, onde os tributarios situados na cabeceira son catalogados na categoría 1.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.