From Wikipedia, the free encyclopedia
Orientia tsutsugamushi (do xaponés tsutsuga "doenza" e mushi "insecto, carracha") é unha especie bacteriana da familia das Rickettsiaceae causante da febre tstsugamushi[1] transmitida polos ácaros trombicúlidos do xénero Leptotrombidium.[2][3] A especie antes recibía o nome de Rickettsia tsutsugamishi, pero foi reclasificada. O organismo é un parasito intracelular obrigado, que necesita infectar células eucarióticas para poder rproducirse. A súa envoltura é similar á dunha bacteria gramnegativa, pero non se tingue doadamente coa tinguidura de Gram e prefírese a tinguidura de Giménez (fucsina, fenol, etanol, verde malaquita)[4] .
Orientia | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Orientia tsutsugamushi | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Orientia tsutsugamushi' (Hayashi 1920) Tamura et al. 1995 |
Describíronse moitos serotipos desta especie, entre os que están: o serotipo Karp (que é o que aparece en aproximadamente o 50% de todas as infeccións),[3] Gilliam (25%),[3] o Kato (menos do 10%),[3] e o Kawasaki,[5] pero existe unha enorme variabilidade, e só nun campo de Malaisia recolléronse oito serotipos,[6] e infórmase decote do descubrimento de moitos máis serotipos.[7][8][9] Os métodos xenéticos revelaron aínda unha maior complexidade da que previamente se describira (por exemplo, o tipo Gilliam foi dividido no tipo Gilliam e tipos JG). A infección cun serotipo non confire inmunidade para outros serotipos (non hai inmunidade cruzada). Por tanto, son posibles as infeccións repetidas no mesmo individuo, e isto complica moito o deseño dunha vacina.
A bacteria foi inicialmente clasificada no xénero Rickettsia,[1] pero agora clasifícase no xénero Orientia, do cal é a súa única especie. Esta reclasificación debeuse ás diferenzas na composición e estrutura da súa parede con Rickettsia e na seroloxía e estudos xenéticos.[10]
Ten 0,5 µm de largo e de 1,2 a 3,0 µm de longo, e é un organismo intracelular obrigado, que pode cultivarse en liñas de cultivo celular, e tamén foi cultivado en ovo embrionado. O organismo é moi virulento e debe manipularse en labortorios que teñan instalacións cun nivel 3 de bioseguridade.[11]
Produce a febre tsutsugamushi, tamén chamada febre fluvial xaponesa ou tsutsugamushi. O. tsutsugamushi é sensible in vitro á doxiciclina, rifampicina e azitromicina. É resistente de forma innata a todos os antibióticos β-lactámicos como a penicilina, porque carece de parede de peptidoglicano.[12] Os aminoglicósidos como por exemplo a xentamicina non son tampouco efectivos nas infeccións humanas, porque o organismo é intracelular, e os aminoglicósidos non penetran dentro da célula.
Non hai ningunha vacina contra o tsutsugamushi. Sábese que hai unha enorme variación antixénica nas cepas de O. tsutsugamushi, e unha cepa non proporciona inmunidade contra outra. Unha vacina contra esta enfermidade debería proporcionar protección contra todas as cepas presentes nunha área, para poder ter un nivel aceptable de protección. Unha vacina desenvolvida para unha área podería non proporcionar protección noutra localidade, e mesmo nunha área pode haber varias cepas. Todo isto complica os esforzos para elaborar unha vacina viable.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.