From Wikipedia, the free encyclopedia
A República de Letonia componse, segundo a reorganización territorial que entrou en vigor o 1 de xullo de 2021, de 36 municipios (en letón, novadi) e 7 cidades autónomas (en letón, valstspilsētas).[1][2]
Tras a anexión en 1940 da primeira República de Letonia por parte da Unión Soviética, a subdivisión do país estableceuse en 3 óblast. En 1949 os soviéticos levaron a cabo unha reforma administrativa como resultado da cal os condados e parroquias foron substituídos por distritos e aldeas, respectivamente.[3] Co tempo, os límites dos distritos cambiaron varias veces.
Despois de que Letonia recuperou a súa independencia en 1991, disolvéronse as aldeas e, no seu lugar, recreáronse as parroquias, mentres que os distritos conservaron o seu status; Letonia compoñíase entón de 26 distritos e 7 cidades autónomas. Tras a reforma territorial que entrou en vigor o 1 de xullo de 2009, o país subdividiuse en 110 municipalidades (en letón, novadi) e 9 cidades republicanas (en letón, Republikas pilsētas), cada unha coa súa apropia administración.[4]
O 10 de xuño de 2020 o Saeima aprobou unha reforma municipal que reduciría os 110 municipios e 9 cidades republicanas a 42 unidades de goberno local que consistían en 36 municipios (novadi) e 7 cidades estatais (valstspilsētas). O 1 de xuño de 2021, o Tribunal Constitucional de Letonia ditaminou que a anexión do municipio de Varakļāni ao de Rēzekne era inconstitucional. En resposta, o Saeima decidiu coservar a existencia do municipio de Varakļāni como unha 43ª unidade de goberno local.[5]
A lei de 2020 sobre territorios administrativos e áreas poboadas designou a Ogre e as nove cidades republicanas anteriores como cidades estatais. Tamén prevía a promoción de Iecava e Koknese ao status de cidade estatal o 1 de xullo de 2021. Porén, baixo a mesma lei, só as sete cidades estatais enumeradas na seguinte táboa terían gobernos locais que serían independentes de calquera municipio. As cidades estatais de Jēkabpils e Valmiera convertéronse en parte do municipio de Jēkabpils e o municipio de Valmiera, respectivamente, o 1 de xullo de 2021.[2]
№ | Cidade | Poboación (estimación 2021)[6] |
Produto rexional bruto (PRB) en miles de millóns de €, 2018[7] |
PRB per cápita en €, 2018[7] |
---|---|---|---|---|
1. | Daugavpils | 80 627 | 0,693 | 8 400 |
2. | Jelgava | 55 336 | 0,583 | 10 400 |
3. | Jūrmala | 50 248 | 0,421 | 8 600 |
4. | Liepāja | 67 964 | 0,897 | 13 000 |
5. | Rēzekne | 26 839 | 0,283 | 10 100 |
6. | Riga | 614 618 | 16,395 | 25 800 |
7. | Ventspils | 33 372 | 0,470 | 13 600 |
A táboa seguinte contén os 36 municipios de Letonia:[5][8]
Municipio | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aizkraukle | Alūksne | Augšdaugava | Ādaži | Balvi | Bauska | Cēsis | Dobele | Gulbene | |
Jelgava | Jēkabpils | Ķekava | Krāslava | Kuldīga | Kurzeme Meridional | Limbaži | Līvāni | Ludza | |
Madona | Mārupe | Ogre | Olaine | Preiļi | Rēzekne | Ropaži | Salaspils | Saldus | |
Saulkrasti | Sigulda | Smiltene | Talsi | Tukums | Valka | Valmiera | Varakļāni | Ventspils |
A táboa seguinte contén os antigos 110 municipios de Letonia, por orde alfabética:
Municipio[9] | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aglona | Aizkraukle | Aizpute | Aknīste | Aloja | Alsunga | Alūksne | Amata | Ape | Auce |
Ādaži | Babīte | Baldone | Baltinava | Balvi | Bauska | Beverīna | Brocēni | Burtnieki | Carnikava |
Cēsis | Cesvaine | Cibla | Dagda | Daugavpils | Dobele | Dundaga | Durbe | Engure | Ērgļi |
Garkalne | Grobiņa | Gulbene | Iecava | Ikšķile | Inčukalns | Ilūkste | Jaunjelgava | Jaunpiebalga | Jaunpils |
Jēkabpils | Jelgava | Kandava | Kārsava | Koknese | Krāslava | Krimulda | Krustpils | Kuldīga | Ķegums |
Ķekava | Lielvārde | Līgatne | Limbaži | Līvāni | Lubāna | Ludza | Madona | Mālpils | Mārupe |
Mazsalaca | Mērsrags | Naukšēni | Nereta | Nīca | Ogre | Olaine | Ozolnieki | Pārgauja | Pāvilosta |
Pļaviņas | Preiļi | Priekule | Priekuļi | Rauna | Rēzekne | Riebiņi | Roja | Ropaži | Rucava |
Rugāji | Rundāle | Rūjiena | Salacgrīva | Sala | Salaspils | Saldus | Saulkrasti | Sēja | Sigulda |
Skrīveri | Skrunda | Smiltene | Stopiņi | Strenči | Talsi | Tērvete | Tukums | Vaiņode | Valka |
Valmiera | Varakļāni | Vārkava | Vecpiebalga | Vecumnieki | Ventspils | Viesīte | Viļaka | Viļāni | Zilupe |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.