From Wikipedia, the free encyclopedia
O Olympiacos Fútbol Club (en grego: Oλυμπιακός Σύνδεσμος Φιλάθλων Πειραιώς, transliterado "Olympiacos Syndesmos Filathlon Pireos", Olympiacos Club de Fans do Pireo), tamén coñecido como Olympiacos FC (grego: ΠΑΕ Ολυμπιακός) Olympiacos do Pireo, ou simplemente Olympiacos, ás veces escrito Olympiakos, é un club de fútbol grego que forma parte da sociedade polideportiva Olympiakos CFP, con sede no Pireo, Ática.
Olympiacos | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Ολυμπιακός Σύνδεσμος Φιλάθλων Πειραιώς | |||
Alcume(s) | A lenda | |||
Fundación | 1925 | |||
Estadio | Karaiskakis, O Pireo, Grecia | |||
Inauguración | 1895 | |||
Capacidade | 33.334 | |||
Propietario | Evangelos Marinakis | |||
Presidente | Evangelos Marinakis | |||
Adestrador | José Luis Mendilibar | |||
Liga | Super Liga de Grecia | |||
2021–22 | 1.º | |||
Na rede | ||||
http://www.olympiacos.org/ | ||||
| ||||
O Olympiacos está considerado como un dos tres grandes clubs de fútbol de Grecia, xunto ao Panathinaikos e ao AEK Atenas, e é un dos únicos catro equipos que nunca foron relegados da Primeira División. É, ademais, o club máis exitoso na historia do fútbol heleno, gañando 47 títulos de Liga, 28 Copas e 4 Supercopas, máis títulos que ningún outro equipo grego. Nas competicións europeas alcanzou os cuartos de final en dúas ocasións: na Liga de Campións 1998–99 e na Recopa de Europa 1992–93. O Olympiakos é tamén un dos membros fundadores da Asociación Europea de Clubs.
O equipamento tradicional do Olympiacos é camiseta de raias vermellas e brancas e pantalón vermello. A continuación amósase un resumo dos equipamentos do club ao longo da súa historia, cos cambios máis significativos.
1971
|
1978
|
1979
|
1985
|
2008
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.