![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8e/Catcher-in-the-rye-red-cover.jpg/640px-Catcher-in-the-rye-red-cover.jpg&w=640&q=50)
O vixía no centeo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O vixía no centeo[1] (título orixinal en inglés: The Catcher in the Rye) é unha novela de J. D. Salinger publicada en 1951. No seu momento provocou numerosas controversias nos Estados Unidos de América pola súa linguaxe provocadora e por falar con claridade da sexualidade e a ansiedade adolescentes. O seu protagonista, Holden Caulfield, converteuse nunha icona da rebeldía adolescente. Escrita en primeira persoa, a novela relata as experiencias de Holden en Nova York, despois de ser expulsado do seu instituto, Pencey Prep, por suspender a maioría das materias no primeiro trimestre. O título fai referencia a unha reflexión do protagonista sobre o que quere ser de maior, referíndose ao verso dun poema.
O vixía no centeo | |
---|---|
![]() Capa de "The Catcher in the Rye" da edición de 1985 da editorial Bantam. | |
Título orixinal | The Catcher in the Rye |
Autor/a | J. D. Salinger |
Orixe | EUA |
Lingua | inglés |
Colección | Grandes do noso tempo Colección Fóra de Xogo |
Tema(s) | ficción |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Xerais (1990) |
Data de pub. | 1951 |
Formato | Rústica cosido a fío |
Páxinas | 224 |
ISBN | 978-84-9782-494-1 |
Tradución | Xosé Ramón Fernández Rodríguez |
[ editar datos en Wikidata ] |
A tradución ao galego de Xosé Ramón Fernández Rodríguez foi publicada por Edicións Xerais en 1990, colección Grandes do noso tempo,[1] e en 1999, Colección Fóra de Xogo.