O almorzo sobre a herba
pintura de Édouard Manet / From Wikipedia, the free encyclopedia
Le Déjeuner sur l´herbe (en galego, O almorzo sobre a herba ou O xantar campestre, literalmente O xantar sobre a herba) é un cadro realizado polo pintor francés Édouard Manet en 1863. Mide 208 cm de altura e 264,5 de longo. O cadro está pintado ao óleo e se atopa no Museo de Orsay de París, Francia. Ao principio o cadro foi chamado Le Bain, e logo La Partie carrée.
Le Déjeuner sur l'herbe | |
---|---|
Artista | Édouard Manet |
Data | 1863 |
Técnica | óleo sobre lenzo |
Dimensións | 208 cm × 264,5 cm |
Localización | Museo de Orsay |
A xustaposición dun espido feminino con cabaleiros completamente vestidos suscitaron controversia cando a obra se amosou por vez primeira no Salon des Refusés en 1863, logo de ser rexeitado polo Salón oficial. Foi o lenzo «máis irritante e controvertido» desa exposición de obras rexeitadas. Á parte de considerar vulgar o que unha muller estivese espida xunto a xoves vestidos, numerosos críticos rexeitaron a modernidade do estilo, dende o punto de vista cromático e compositivo.
Os pintores, e especialmente Édouard Manet, que é un pintor analítico, non comparten a obsesión das masas polo tema: para eles, o tema é só un pretexto pra pintar, mentres que pra as masas só existe o tema.