Os nucleáriidos (Nucleariida) son un grupo de microorganismos ameboides [1] que posúen pseudópodos filosos, que viven principalmente nos solos e auga doce. Distínguense do grupo superficialmente similar dos vampirélidos principalmente por teren mitocondrias con cristas discoidais. Os nucleáriidos son xeralmente pequenos, de ata 50 μm de tamaño.
Nucleáriidos | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Nuclearia thermophila | |||||||
Clasificación científica | |||||||
|
Os Nucleariida clasifícanse como opistocontos,[2] que é o gran grupo que inclúe a animais, fungos e outros grupos menores. Varios estudos sitúan aos nucleáriidos como un grupo irmán dos fungos.[3][4]
Destacan os xéneros:
- Nuclearia[2] e Micronuclearia.
- Outros xéneros como Rabdiophrys, Pinaciophora e Pompholyxophrys, son formas de augas doces con escamas silíceas ocas ou espiñas. Anteriormente estaban incluídos dentro dos heliozoos formando o grupo Rotosphaerida.
- Segundo unha publicación de 2009, Fonticula, considerado un mofo mucoso celular, é un opistoconto e está máis relacionado con Nuclearia que cos fungos.[5]
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.