Noruega nos Xogos Olímpicos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Noruega participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1900, e dende entón enviou atletas para competir en cada edición dos Xogos, agás en 1904 e 1980. En 1980, nos Xogos celebrados en Moscova, uníronse a un boicot internacional liderado polos Estados Unidos.
Noruega nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | NOR | ||||
Comité nacional | Comité Nacional Olímpico e Deportivo Noruegués www | ||||
Medalleiro |
|
Os deportistas noruegueses gañaron un total de 160 medallas nos Xogos de Verán, sendo vela e tiro os deportes que máis medallas lle reportaron ao país. Nos Xogos Olímpicos de Inverno, Noruega gañou 368 medallas, incluíndo 132 ouros, sendo a nación que máis medallas gañou nos Xogos de Inverno. Noruega é un dos tres países (sendo os outros dous Austria e Liechtenstein) que gañou máis medallas nos Xogos de Inverno ca nos de Verán.
O Comité Olímpico Nacional de Noruega foi creado e recoñecido polo COI en 1900.