North American F-86 Sabre
From Wikipedia, the free encyclopedia
O North American F-86 Sabre foi un avión de combate transónico desenvolvido pola USAF a finais da década de 1940, xusto despois do remate da segunda guerra mundial, e foi un dos cazas de maior produción en occidente, sendo usado en forzas aéreas de máis de 30 países. É sobre todo famoso polo seu enfrontamento co MiG-15 soviético durante a guerra de Corea.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
F-86 Sabre | |
---|---|
North American F-86 | |
Tipo | Caza |
Fabricante | North American |
Primeiro voo | 1 de outubro de 1947 |
Introducido | 1949, USAF |
Retirado | 1994, Bolivia |
Unidades construídas | 9.860 |
A pesar de desenvolverse a finais dos anos 40 e de quedar obsoleto unha década máis tarde, o Sabre demostrou ser capaz de adaptarse e continuou servindo como caza de primeira liña en moitas forzas aéreas. Os últimos exemplares retiráronse coa forza aérea de Bolivia en 1994.
O seu éxito permitiu que se construísen máis de 7.800 exemplares entre 1949 e 1956 nos Estados Unidos, Xapón e Italia. Foi de lonxe o caza occidental máis fabricado, cunha produción total de 9860 de todas as súas variantes.
Fabricáronse variantes do Sabre no Canadá e en Australia. Do Canadair Sabre, a variante canadense, construíronse 1.815 unidades; e do redeseñado CAC Sabre australiano (tamén coñecido coma Avon Sabre ou CAC CA-27) producíronse 112 exemplares.