From Wikipedia, the free encyclopedia
Un nivel trófico é o lugar que ocupa un organismo na cadea trófica.
Os niveis tróficos poden clasificarse segundo o tipo de alimentación en:
A Segunda Lei da Termodinámica pon un límite á eficiencia de calquera proceso, e tamén á dos organismos na explotación dos seus recursos tróficos: un animal situado nun punto da cadea alimenticia, só aproveita unha pequena parte da enerxía do seu alimento, situado no nivel trófico anterior. Dito con outras palabras, un ser humano pode vivir dous ou tres días co alimento que proporciona un polo, pero viviría moito máis se se alimentase da cantidade de penso que comeu ese polo.
Esta constrición impón á súa vez un límite ao número posible de niveis tróficos, que non adoitan pasar de sete nos ecosistemas continentais, aínda que poden ser máis numerosos nos oceánicos.
Na análise dos niveis tróficos hai que considerar non só os organismos que realizan un consumo directo doutros, coméndoos enteiros ou mutilándoos (como fan os herbívoros coas plantas leñosas), senón tamén os parasitos, como os que chuchan sangue, ou os detritívoros e descompoñedores.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.