emperador de Bizancio From Wikipedia, the free encyclopedia
Nicéforo II Focas foi o emperador bizantino entre os anos 963 e 969. Procedía dunha familia de Capadocia que dera varios xenerais distinguidos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 912 Capadocia (Imperio Bizantino) |
Morte | decembro de 969 (56/57 anos) Constantinopla, Turquía |
Causa da morte | homicidio, decapitación |
Lugar de sepultura | Igreja dos Santos Apóstolos (pt) |
Emperador bizantino | |
16 de agosto de 963 – 11 de decembro de 969 ← Romano II – Xoán I Tzimisces → | |
Actividade | |
Ocupación | militar, soldado |
Carreira militar | |
Conflito | Byzantine reconquest of Crete (en) Siege of Aleppo (en) |
Día de festividade relixiosa | December 11 (en) |
Familia | |
Familia | Focas (pt) |
Cónxuxe | Teófano Anastaso (963–969) |
Pai | Bardas Focas, o Velho |
Irmáns | Leão Focas, o Jovem |
Parentes | Basilio II, fillastro Teodoro Parsacuteno, fillo da irmá |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron New Encyclopedic Dictionary (en) |
Naceu cara a 912, entrou no exército sendo moi novo e, baixo Constantino VII, chegou a ser xeneral da fronteira oriental. Na guerra cos sarracenos, sufriu ao principio unha grave derrota (956), da que se vingaría nos anos seguintes con sucesivas vitorias en Siria.
En 960 dirixiu unha expedición a Creta, saqueou Candía tras dez meses de asedio, e conquistou toda a illa aos sarracenos. Tras recibir uns honores pouco comúns polo seu triunfo, volveu ao leste cun grande exército moi ben equipado. Nas campañas de 962-963, grazas á súa brillante estratexia, abriuse paso a través de Cilicia ata Siria, e tomou Alepo, aínda que non conseguiu conquistas duradeiras.
Trala morte de Romano II, volveu a Constantinopla para defenderse das intrigas do ministro Xosé Bringas. Coa axuda da rexente, a emperatriz Teófano, e do patriarca, obtivo o mando supremo das forzas de oriente, e foi proclamado emperador por estas, na súa marcha sobre a capital, onde namentres os seus partidarios destronaran ao seu inimigo Bringas. Grazas á súa popularidade no exército, Nicéforo foi coroado emperador xunto aos fillos menores de Romano, e malia a oposición do patriarca, casou coa nai destes, a rexente Teófano.
Durante o seu reinado seguiu acometendo numerosas guerras. Entre 964 e 966 conquistou definitivamente Cilicia, e de novo entrou en Mesopotamia e Siria, mentres que o patricio Nicetas reconquistaba Chipre. En 968 tomou a maioría das fortalezas de Siria, e trala caída de Antioquía e Alepo (969), que tomaron os seus xenerais, asegurouse as conquistas por medio dunha paz. Na fronteira do norte, comezou unha guerra contra os búlgaros, a quen os bizantinos estiveran pagando tributo (967), e distraeu a súa atención polo procedemento de instigar un ataque dos Rus de Kíiv.
Pero Nicéforo tivo menos éxitos nas súas guerras en occidente. Logo de renunciar a pagar tributo aos califas fatimís, enviou unha expedición a Sicilia baixo o mando de Nicetas (964-965), pero se viu obrigado a abandonar totalmente a illa tralas derrotas no mar e en terra. En 967 fixo as paces cos musulmáns de Kairouan e volveuse contra o inimigo común de ambos, o emperador Odón I, que atacara as posesións bizantinas en Italia; pero tras algúns éxitos iniciais, os seus xenerais resultaron derrotados e recluídos á costa meridional.
Debido ao coidado que prestou ao perfecto mantemento do exército, Nicéforo viuse obrigado a economizar noutros departamentos. Reduciu considerabelmente a munificencia imperial e recortou as exencións do clero, ademais de prohibir a fundación de novos mosteiros, malia que el mesmo era unha persoa de carácter moi relixioso. Debido ao aumento dos impostos e á depreciación da moeda, a súa popularidade viuse seriamente minguada, e producíronse varias revoltas. Para rematar, foi abandonado pola súa esposa e asasinado na súa propia estancia por unha conspiración urdida pola súa esposa de acordo co seu sobriño Xoán Tzimisces.
Nicéforo foi o autor dun tratado sobre táctica militar, que se conserva e que contén información moi rica sobre a arte da guerra na súa época.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nicéforo II |
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Romano II |
Nicéforo II | Precede a: Xoán I Tzimisces |
Dinastía Macedonia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.