tsar de Rusia e rei de Polonia From Wikipedia, the free encyclopedia
Nicolao I Pavlovich (en ruso: Николай I Павлович), Gátchina, 6 de xullo de 1796 – San Petersburgo, 2 de marzo de 1855) foi tsar de Rusia e rei de Polonia trala morte do seu irmán máis vello, Alexandre I en 1825.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Durante o seu goberno tentou eliminar os movementos nacionalistas, perpetuar os privilexios do estamento aristocrático e impedir o avance do liberalismo. Tamén reprimiu a insurrección decembrista en 1825 e apoiou a Austria a controlar a revolta húngara de 1848, o que lle valeu o alcume do xendarme de Europa. Logo da insurección da Polonia coñecida como o Alzamento de Novembro en 1830 e tras unha reiterada negativa súa a aceptar os límites constitucionais fixados polo Sejm polaco, este depúxoo como rei da Polonia o 25 de xaneiro de 1831; Nicolao respondeu esmagando os insurrectos e anexionando Polonia como provincia rusa. Tivo unha política expansionista que comezou dende a guerra de Crimea. Faleceu en San Petersburgo en 1855, antes de que británicos e franceses, aliados do Imperio Otomán na guerra, triunfasen no asedio de Sebastopol, abrindo o camiño ás reformas efectuadas polo seu fillo Alexandre II.
Nicolao casou en 1817 con Carlota de Prusia. Era filla de Frederico Guillerme III de Prusia e de Luísa de Mecklemburgo-Strelitz. Nicolao e Carlota tiveron sete fillos:
Moitas fontes afirman que Nicolao non tivo relaciones extramaritais ata despois de 25 anos de matrimonio, en 1842, cando os doutores prohibiron á emperatriz ter relaciones sexuais polo seu mal estado de saúde e frecuentes ataques ao corazón. Aínda así, Nicolao era pai de tres nenos antes de 1842, un deles coa súa máis famosa amante, Bárbara Nelídova.
Con Ana María Carlota de Rutenskiold (1791-1856)
Con Bárbara Yákovleva (1803-1831)
Con Bárbara Nelídova (m. 1897)
Predecesor: Alexandre I |
Tsar de Rusia 1825 - 1855 |
Sucesor: Alexandre II |
Predecesor: Alexandre I |
Rei de Polonia 1825 - 1855 |
Sucesor: Alexandre II |
Predecesor: Alexandre I |
Gran Ducado de Finlandia 1825 - 1855 |
Sucesor: Alexandre II |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.