![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/37/Nick_Cave_1986.jpg/640px-Nick_Cave_1986.jpg&w=640&q=50)
Nick Cave
músico australiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nicholas Edward Cave, nado en Warracknabeal o 22 de setembro de 1957, é un músico, escritor e actor australiano, cantante da banda Nick Cave and the Bad Seeds. Cunha longa andaina que comeza a principios dos 70, a súa música caracterízase por un ton de desolación escuro e sinistro. Malia que moitos grupos musicais producen música etiquetable do mesmo modo, o son de Nick Cave evita os recursos habituais do xénero, como música "pantasmagórica" afectada ou distorsións dixitais. Cunha importante base de guitarras eléctricas (e piano nos últimos álbums de The Bad Seeds) e unhas letras coidadas en extremo, Nick Cave pode agruparse entre grupos e cantautores como Tom Waits, PJ Harvey, Leonard Cohen ou Shane MacGowan todos eles seguidores dunha estética bohemia e urbana, pero á vez altamente espiritual e humana.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |