historiador grego From Wikipedia, the free encyclopedia
Nicetas Coniates ou Choniates (Νικήτας Χωνιάτης Nikétas Khoniatés), nado c. 1155 e finado en 1215 ou 1216, chamado ás veces Nicetas Acominatus, foi un historiador bizantino nado na actual Honaz (Turquía).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1155 (Gregoriano) Chonae (en) |
Morte | 1217 (Gregoriano) (61/62 anos) Nicea |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia |
Ocupación | político, escritor, historiador |
Carreira militar | |
Rango militar | estratego |
Familia | |
Irmáns | Miguel Coniates |
Descrito pola fonte | Orthodox Theological Encyclopedia (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Era irmán do tamén historiador Miguel Acominatus, que chegou a ser arcebispo de Atenas. Baixo a protección do seu irmán, dedicouse inicialmente á política, e conseguiu varios cargos durante o reinado dos emperadores Anxos (entre eles, o de gran logoteta, megas logotetes, ou chanceler) e foi gobernador do thema de Filipópole nun período crítico.
Tras a caída de Constantinopla durante a Cuarta Cruzada, en 1204, fuxiu a Nicea, onde se instalou na corte do emperador de Nicea Teodoro I Láscaris, dedicándose á literatura. Morreu en 1215 ou 1216. A súa obra principal é a Historia, en 21 libros, que abarca o período de 1118 a 1207, continuando exactamente no punto en que termina A Alexiada de Ana Comnena.
A pesar do seu estilo retórico e florido, a obra ten un gran valor documental, xa que refire acontecementos dos que foi testemuña ou que escoitou de boca de testemuñas presenciais. A parte máis interesante da obra é aquela en que se describe a conquista de Constantinopla. O seu breve tratado Sobre as estatuas destruídas polos latinos (na súa forma actual quizais alterado por un autor posterior) é de especial interese para os arqueólogos. A súa obra teolóxica (Thesaurus Orthodoxae Fidei), aínda que se conserva íntegra manuscrita, só foi publicada en parte. É unha das principais autoridades para coñecer as herexías e escritores heréticos do século XII.
Nicetas é tomado por Umberto Eco como un dos principais personaxes da súa novela histórico-fantástica Baudolino que ten como marco histórico a conquista de Constantinopla durante a Cuarta Cruzada.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.