New Jersey Devils
From Wikipedia, the free encyclopedia
O New Jersey Devils é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Newark (Nova Jersey, Estados Unidos) que compite na National Hockey League (NHL). O equipo forma parte da Metropolitan Division da Conferencia Leste. Foi fundado en 1974 na cidade de Kansas City (Missouri) baixo o nome de Kansas City Scouts, en 1976 mudouse, polo que pasou a denominarse Colorado Rockies tras establecerse en Denver (Colorado), finalmente, o equipo mudouse a Nova Jersey, polo que adoptou a denominación actual en 1982. Ao longo das súas 25 tempadas en Nova Jersey, os Devils establecéronse no Meadowlands Sports Complex en East Rutherford, e xogaron os seus partidos como local no Brendan Byrne Arena (posteriormente nomeado Continental Airlines Arena). A principios da tempada 2007-08, os Devils trasladáronse á cidade de Newark e dende aquela xogan os seus partidos como local no Prudential Center.
New Jersey Devils | |
---|---|
Fundación | Kansas City Scouts: 1974-76 Colorado Rockies: 1976-82 New Jersey Devils: 1982-presente |
Cidade | Newark, Nova Jersey Estados Unidos |
Estadio | Prudential Center (17.625 espectadores) |
Liga | National Hockey League |
Conferencia | Leste |
División | Metropolitan |
Campionatos | 3 |
Propietario(s) | Joshua Harris |
Director | Ray Shero |
Afiliado(s) | Albany Devils (AHL) |
Cores | Vermello, negro e branco |
Na rede | |
http://devils.nhl.com/ | |
A franquía foi pobre e mediocre durante os oito anos anteriores ao seu traslado a Nova Jersey, un patrón que continuou durante os cinco primeiros anos en Nova Jersey, nos que non foron capaces de clasificarse para os play-offs e nunca finalizaron por riba do quinto posto na súa división. A súa fortuna comezou a cambiar logo da contratación do presidente e general manager Lou Lamoriello en 1987. Baixo a administración de Lamoniello, os Devils clasificáronse todos os anos excepto tres para os play-offs entre 1988 e 2912, incluídas 13 veces consecutivas entre 1997 e 2010. Os Devils gañaron o título da liga regular na Atlantic Division en nove ocasións, a máis recente na tempada 2009-10, antes de ser recolocados na Metropolitan Division como parte do realiñamento da NHL que tivo lugar en 2013. OS Devils chegaron ás finais da Stanley Cup en cinco ocasións, gañando tres veces (1994–95, 1999–00 e 2002–03). Os Devils foron coñecidos polo seu estilo de xogo defensivo durante os seus anos de contenda pola Copa, mais dende aquela foron mudando a un estilo de xogo máis ofensivo.
Os Devils manteñen unha forte rivalidade cos seus veciños da outra beira do río Hudson, os New York Rangers, así como cos Philadelphia Flyers. Os Devils son un dos tres equipos da área metropolitana de Nova York; os outros dous son os New York Islanders e os New York Rangers. A franquía é o único equipo de todas as grandes ligas que se define explícitaente como un equipo de Nova Jersey.