From Wikipedia, the free encyclopedia
A neurobioloxía é unha ciencia derivada da bioloxía que estuda as relacións nerviosas nos seres vivos dende unha perspectiva de interacción con outras partes dun ser vivo.
Ás veces, o termo neurobioloxía, a rama da bioloxía que investiga todos os aspectos do cerebro e do sistema nervioso é empregado como sinónimo de neurociencia ou neurociencias[1][2]. Outras veces o termo aplícase como disciplina derivada da bioloxía e da neurociencia. Diferénciase, neste sentido, por ser a neurociencia un campo máis amplo relacionado con calquera estudo científico do sistema nervioso, e das disciplinas acubilladas nela como a neurociencia computacional, a neurociencia cognitiva, a neurociencia do comportamento, a psiquiatría biolóxica, a neuroloxía ou a neuropsicoloxía, aínda a pesar de solaparse ás veces. Os temas e a maneira de aproximarse aos mesmos son de natureza interdisciplinar, multidisciplinar e transdisciplinar.
Algúns científicos distinguen o termo neurociencias do mundo anglófono (neuroscience) usado máis como sinónimo de neurobioloxía (neurobiology)[3] e o empregado en Iberoamérica[4], existindo certa controversia coa terminoloxía de raíz similar (por exemplo psiquism/psiquismo[5]).
A neurobioloxía estuda as células do sistema nervioso e a organización destas células dentro de circuítos funcionais que procesan a información e median no comportamento.[6]
As propiedades básicas, actividade e regulación das correntes de membrana, a plasticidade sináptica, a neurotransmisión, a neuroxénese, a sinaptoxénese e as canles iónicas das células son algúns campos estudados polos neurobiólogos.[7][8] A anatomía celular e a subcelular estúdanse para dar unha visión do retardo mental no Mental Retardation Research Center (MRRC).[9] Revistas como Frontiers in Cellular Neuroscience ou Molecular and Cellular Neuroscience publican sobre temas de neurobioloxía.[10][11]
Os científicos que estudan a neurobioloxía chámanse neurobiólogos, como por exemplo María Domínguez Castellano, Vladimir Bexterev ou o divulgador galego Xurxo Mariño.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.