Neuquén é unha cidade arxentina, capital da provincia de Neuquén, localidade máis poboada da Patagonia. Está situada no leste da provincia, no Departamento Confluencia, do que é cabeceira, e ocupa a franxa de terra próxima á confluencia do río Neuquén e o río Limay que dan orixe ao río Negro. Ten unha poboación de 233.000 habitantes (2010).
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Arxentina | |||
Provincia da Arxentina | Provincia de Neuquén | |||
Departamento da Argentina (pt) | Confluencia (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 288.896 (2022) (4.585,65 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 63 km² | |||
Altitude | 270 m | |||
Creación | 12 de setembro de 1904 | |||
Organización política | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Neuquén (en) | |||
Órgano lexislativo | Deliberative Council of Neuquén (en) , (Escano: 18) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | Q8300 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 299 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | neuquencapital.gov.ar |
A cidade divídese en 46 unidades; entre barrios, a área centro e as súas subdivisións.[1][2]
A área centro está subdividida en áreas Este, tamén coñecida como “el alto”; Sur, entre a vía e a ruta, coñecida como “el bajo”, a máis netamente comercial; e Oeste, a partir da rúa Salta.
A continuación noméanse os barrios agrupados pola súa posición con respecto ao centro. Utilízanse os cuadrantes que resultan de dividir a cidade segundo dous eixos: o eixo norte-sur da avenida Argentina-Olascoaga e o eixo leste-oeste da ruta 22, moi próxima á vía do ferrocarril. Os barrios noméanse ordenados segundo a súa proximidade ao centro:
Norte, na zona da meseta á beira da ruta provincial 7: Mercantil, Coperso, Patagonia, Unipol, Salud Pública, Alta Barda, 14 de Octubre, Copol, Terrazas del Neuquén e, máis afastados ao norte, Jaime de Nevares (que inclúe o Parque Industrial) e Colonia Nueva Esperanza (que se comezou a habitar en 1993 con pequenas explotacións agrícolas).
Noreste: Villa Farell, Mariano Moreno (entre a ruta e a vía) e os lindeiros ao río Neuquén: Santa Genoveva, Provincias Unidas, Sapere e, máis afastado cara ao norte, Rincón de Emilio (que inclúe unha urbanización pechada.
Sudeste: entre a ruta 22 e o río Limay: Belgrano e Confluencia (rural e urbano).
Sudoeste: Situados ao sur do centro e lindeiros á ruta 22: Nuevo e Villa Florencia. Cara ao sur segue Villa María que lle dá nome a un rego que desemboca no Limay. Lindeiros ao río: Río Grande (que inclúe unha urbanización pechada), Limay e Don Bosco (II e III). Máis alá da rúa Ignacio Rivas: La Sirena, lindeiro á ruta 22, e Militar (que inclúe terras do Comando de la Sexta Brigada de Montaña do Exército arxentino) e Valentina Sur (rural e urbano) entre a ruta e o río.
Noroeste: a zona situada ao oeste do centro reúne a maior cantidade de barrios e os barrios máis densamente poboados. Os máis próximos ao centro: Bouquet Roldán (entre a vía e a ruta), Cumelén (lindeiro á vía) Illas Malvinas, Villa Ceferino e Bardas Soleadas, este último ao pé da meseta. Séguenlle: El Progreso (lindeiro á meseta) e Gregorio Álvarez; Huiliches (lindeiro á vía), Unión de Mayo e MELIPAL (ao pé da meseta); Canal V (cortado pola vía), San Lorenzo (norte e sur, este último inclúe unha lagoa[3] e Gran Neuquén (norte e sur) e HIBEPA (que integra os barrios Independencia, Belén, Hipódromo e Alma Fuerte) estes últimos ao pé da meseta. Por último, e en límite con Plottier, atópase Valentina Norte (rural e urbano). Este último inclúe o Aeroporto Internacional Presidente Perón.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.