![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e2/Gray818.png/640px-Gray818.png&w=640&q=50)
Nervio supraescapular
From Wikipedia, the free encyclopedia
O nervio supraescapular é un nervio do membro superior humano formado por febras pertencentes a C5 e C6. É unha póla dun tronco do plexo braquial. Diríxese lateralmente, a través do triángulo posterior do pescozo, e polo burato supraescapular para entrar na rexión posterior da escápula. Innerva os músculos supraespiñal e infra-espiñal. Na zona lateral do pescozo e na rexión posterior da escápula vai acompañado pola arteria supraescapular.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e2/Gray818.png/320px-Gray818.png)