From Wikipedia, the free encyclopedia
Nepal Airlines Corporation (nepalí: नेपाल वायुसेवा निगम), anteriormente coñecida como Royal Nepal Airlines (nepalí: शाही नेपाल वायुसेवा) é a aeroliña nacional do Nepal. Fundada no ano 1958, é a aeroliña máis antiga do país. Dende a súa base principal no aeroporto internacional Tribhuvan, en Katmandú, a compañía opera servizos domésticos dentro do Nepal e servizos de medio alcance en Asia. O seu primeiro avión foi un Douglas DC-3 usado para realizar rutas domésticas e cara a un feixe de destinos na India. A compañía mercou o seu primeiro reactor, un Boeing 727, no ano 1972. En marzo de 2018 a aeroliña operaba unha frota de 12 avións. Dende o ano 2013 Nepal Airlines está na lista de aeroliñas prohibidas na Unión Europea.[1]
Nepal Airlines नेपाल वायुसेवा | ||
---|---|---|
IATA RA | OACI RNA | Indicativo ROYALNEPAL |
Fundación | 1 de xullo de 1958 (como Royal Nepal Airlines) | |
Aeroporto principal | aeroporto internacional Tribhuvan | |
Frota | 12 | |
Destinos | 32 | |
Holding | Goberno do Nepal | |
Eslogan da compañía | New World | |
Sede | Katmandú, Nepal | |
Páxina web: http://www.nepalairlines.com.np |
En marzo de 2018 a frota de Nepal Airlines estaba formada polos seguintes avións:[2]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Airbus A320-200 | 2 | — | 8 | 150 | 158 | |
Airbus A330-200 | — | 2 | 18 | 256 | 274 | Pedidos a través de Hi Fly[3] Agárdase que cheguen a Nepal en maio o xuño de 2018.[4] |
Boeing 757-200M | 1 | — | 16 | 174 | 190 | |
Xian MA-60 | 2[5] | — | — | 56 | 56 | Usados para voos domésticos |
de Havilland Canada DHC-6 Twin Otter | 3 | — | — | 19 | 19 | |
Harbin Y-12 | 4[6] | — | — | 19 | 19 | |
Total | 12 | 2 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.