![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6a/Pinus_pinaster.001_-_Islas_C%25C3%25ADes.jpg/640px-Pinus_pinaster.001_-_Islas_C%25C3%25ADes.jpg&w=640&q=50)
Naturalización (bioloxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioloxía, a naturalización é o proceso de expansión de organismos alóctonos nos ecosistemas.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6a/Pinus_pinaster.001_-_Islas_C%C3%ADes.jpg/640px-Pinus_pinaster.001_-_Islas_C%C3%ADes.jpg)
Inda que orixinarios do norte de África, os pinos están naturalizados en Galicia e son mencionados no himno.[Cómpre referencia]
Este proceso implica a adaptación permanente duna especie animal ou vexetal á vida nunha área diferente daquela da que procede orixinalmente.[2]
As especies naturalizadas poden pasar a ser especies invasoras de facerse o suficientemente abundantes como para provocaren un efecto adverso sobre as plantas e os animais nativos.[Cómpre referencia] Dous exemplos significativos son[Cómpre referencia]:
- o da cortadeira ou plumeiro da Pampa (Cortaderia selloana), que está considerada a sétima especie máis daniña da Península Ibérica, e en lugares como Galicia, Cantabria, Asturias ou Euskadi xa ten consideración de praga,[3][4]
- e o do coello (Oryctolagus cuniculus) en Australia, onde os coellos asilvestrados convertéronse na principal praga do país debido á ausencia de depredadores e competidores naturais.[5][6]