![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2f/Naghsh-e_rostam%252C_Ir%25C3%25A1n%252C_2016-09-24%252C_DD_07.jpg/640px-Naghsh-e_rostam%252C_Ir%25C3%25A1n%252C_2016-09-24%252C_DD_07.jpg&w=640&q=50)
Naqsh-e Rostam
Sitio arqueolóxico ao noroeste de Persépole (Irán) / From Wikipedia, the free encyclopedia
Naqsh-e Rostam ou Nakhsh-i-Rostam ou Naqs-i-Rustam (persa نقش رستم, Naqš-e Rostam) é un sitio arqueolóxico situado a uns 3 km ao noroeste de Persépole, na provincia de Fars en Irán. Este lugar é chamado Næqš-e Rostæm "o retrato de Rostam", porque os persas pensaban que os baixorrelevos sasánidas baixo as tumbas representaban a Rostam, un heroe mitolóxico persa.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2f/Naghsh-e_rostam%2C_Ir%C3%A1n%2C_2016-09-24%2C_DD_07.jpg/640px-Naghsh-e_rostam%2C_Ir%C3%A1n%2C_2016-09-24%2C_DD_07.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d3/Naghsh-e_rostam%2C_Ir%C3%A1n%2C_2016-09-24%2C_DD_20-24_PAN.jpg/640px-Naghsh-e_rostam%2C_Ir%C3%A1n%2C_2016-09-24%2C_DD_20-24_PAN.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/16/Naghsh-e_rostam%2C_Ir%C3%A1n%2C_2016-09-24%2C_DD_06.jpg/640px-Naghsh-e_rostam%2C_Ir%C3%A1n%2C_2016-09-24%2C_DD_06.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/73/Naghsh-e_rostam%2C_Ir%C3%A1n%2C_2016-09-24%2C_DD_11.jpg/640px-Naghsh-e_rostam%2C_Ir%C3%A1n%2C_2016-09-24%2C_DD_11.jpg)
É unha parede rochosa que contén catro tumbas reais aqueménidas rupestres, cruciformes e con baixorrelevos. Unha destas, segundo as inscricións que presenta, sería a tumba de Darío I. As outras tres tumbas que se atopan a rentes da de Darío I, serían as de Xerxes I, Artaxerxes I e Darío II mais non levan ningunha inscrición que permita identificalas con certeza. Atópase na montaña de detrás de Persépole outras dúas tumbas semellantes, pertencentes probablemente a Artaxerxes II e Artaxerxes III, o mesmo que unha tumba inacabada que podería ser a de Arsés, ou máis seguramente de Darío III, o derradeiro rei da dinastía aqueménida, que foi derrocado por Alexandre Magno.
A tumba de Darío é un dos dous modelos de tumbas que existiron na arte persa do período aqueménida. Trátase dunha tumba escavada na rocha como os hipoxeos exipcios. O outro modelo é o da tumba de Ciro en Pasargadas,
Hai tamén sete grandes baixorrelevos na rocha de Naqsh-e Rustam, baixo as tumbas, esculturas mandadas polos reis sasánidas.
Fronte á rocha atópase Ka'ba-i-Zartosht, un monumento zoroástrico. Na extremidade do sitio atópanse dous pequenos altares de lume.