Pobo nama
grupo étnico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os nama, ou namaqua, (nàmáqua quere deicir "xente nama") son un grupo étnico, o máis numeroso entre a familia lingüística dos khoe. Constitúen unha poboación de pastores que viven no sur de África, principalmente en Namibia, tamén en Suráfrica e, menor medida, en Botswana.
Pobo nama | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: 324 000 | |
Rexións principais: | |
![]() | 246 000 |
![]() | 76 000 |
![]() | 1 600 |
Aspectos culturais | |
Lingua | nama ou khoekhoe, afrikaans, inglés |
Relixión | Relixións tradicionais africanas, cristianismo, islam |
Grupos relacionados | hotentotes |
Ao igual que os san, son de corpulencia pequena, e dun ton de pel relativamente claro en comparación co doutras etnias africanas.
A lingua propia falada por esta etnia é o nama, ou khoekhoe, oficialmente chamado khoekhoegowab nos países onde existe),[1] do grupo khoisan falado polos san e os damaras, coñecido tamén como hotentote.[2][3]
Esta designación foi cuñada no tempo colonial, nunha tentativa dos colonos holandeses de imitar os sons da lingua nama.[4]
É unha linguaxe caracterizada polo abundante uso de chasquidos, e sen ningunha relación con calquera outra lingua africana.
Na actualidade a maioría dos nama fala o afrikaans e/ou o inglés.