From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo véneto ou venetismo é un movemento nacionalista, mais principalmente rexionalista, activo principalmente en Véneto, en Italia, así como noutras partes que formaron parte historicamente da República de Venecia. O nacionalismo véneto defende a promoción da redescuberta República de Venecia así como as súas tradicións, cultura e lingua. Segundo Paolo Possamai, o venetismo é "o conxunto de vénetos e de venecians cara ao recoñecemento da súa identidade e autonomía".[1] O venetismo é un movemento amplo, que inclúe partidos venetistas mais tamén inclúe xente de todos os partidos políticos.
Os venetistas consideran Véneto como unha nación separada de Italia e, a miúdo, negan a validez do resultado do referendo co cal Véneto se uniu con Italia en 1866.[2] Algúns partidos, como Véneto Estado, propoñen unha reedición deste referendo e fan campañas para avanzar cara a independencia de Venecia, un país que estaría composto de todos os territorios da República de Venecia histórica, incluíndo Véneto, Friúl-Venecia Xulia, algunhas áreas da Lombardía (Brescia, Bérgamo, Crema e unha parte da Provincia de Mantua.[3]
En calquera caso, tamén a constitución da Rexión de Véneto recoñece á "xente véneta" o status de "popolo (lit. pobo) veneto". Ademais, a UNESCO dálle á lingua véneta a situación de lingua fóra de perigo, xa que é falada en Véneto, parte de Friúl-Venecia Xulia, parte de Croacia, Rio Gran do Sul, Santa Catarina no Brasil e Chipilo en México.
Unha das asociacións culturais vénetas máis importantes é Raixe Venete, que organiza cada ano a "Festa dei Veneti en Cittadella" (onde venetistas de todas as ideoloxís políticas, asociacións venetistas, actores, músicos e bandas de rock, e moitos cidadáns se reúnen).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.