From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo do Ulster é un movemento político de Irlanda do Norte que busca a independencia de Irlanda do Norte do Reino Unido sen unirse á República de Irlanda, converténdose así nun estado independente soberano separado de ambos.
O movemento foi formado por militantes lealistas protestantes que estaban insatisfeitos do tratamento británico cara a eles, en particular o encarceramento de militantes terroristas da Forza Voluntaria do Ulster (UVF) e da Asociación en Defensa do Ulster (UDA/UFF)
Sunningdale foi o primeiro exemplo dunha separación de opinións entre os bandos protestantes. Unionismo, e a súa filial o lealismo, teñen metas muyoi conservadoras, e están a prol de manter o statu quo en Irlanda do Norte, a preferencia de protestantes para empregos públicos e de obreiros. Moitos protestantes obreiros, como Charles Harding Smith, inicialmente viron os católicos como rivais no traballo. A elite norteirlandesa, en particular a nobreza, animaba a inimizade entre os obreiros protestantes e católicos para salvagardar o seu alto nivel de vida, mais sempre se abstiveron de bendicir as accións terroristas da UVF e da UDA/UFF. Despois da caída do Acordo de Sunningdale producíronse moitas divisións que causaron o illamento da UVF, UDA, e os seus seguidores do resto da comunidade protestante.
Con inxenuidade, moitos lealistas que eran veteranos do Exército Británico, a policía ou outros servizos británicos, creron que o estado británico lles agradecería por impedir unha revolución republicana. Nos anos 1960, o IRA estaba baixo influencia comunista, isto ocorría nos tempos máis tensos da guerra fría. A tal punto, os servizos de seguridade como o MI5 e a RUC aproveitáronse de figuras lealistas para manipular o movemento. No canto de facerse aliados con eles, as autoridaades adoitaban aproveitarse dos militantes cando lles resultaba máis conveniente. En 1966, a UVF foi prohibida polo goberno de Irlanda do Norte como resultado de asasinatos seitarios. Nos anos 1970, a policía infiltrouse nos militantes e moitos deles foron encarcerados.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nacionalismo do Ulster |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.