From Wikipedia, the free encyclopedia
NYC Ghosts & Flowers é un álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado o 16 de maio do 2000 polo selo DGC Records. O álbum foi unha reacción creativa ao roubo dos seus instrumentos en xullo de 1999, onde perderon guitarras insubstituíbles e pedais de efectos con numerosas modificacións.
NYC Ghosts & Flowers | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Sonic Youth | ||||
Publicado | 16 de maio do 2000 | |||
Gravación | agosto de 1999 - febreiro do 2000 | |||
Duración | 42:18 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, rock eperimental, noise rock | |||
Selo(s) | DGC Records | |||
Produtor | Sonic Youth | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
É tamén considerado o álbum no cal a influencia da beat generation (grupo de poetas estadounidenses) na banda é máis influente. As letras da maioría das cancións aseméllanse ao estilo beat.
O álbum recibiu críticas variadas. Brent DiCrescenzo, antigamente en Pitchfork Media, deulle un 0.0, mentres que Inkblot Magazine eloxiou a súa dirección vangardista e Robert Christgau dixo que por momentos o álbum é máis fermoso que os máis aclamados Washing Machine ou A Thousand Leaves.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.