ABA Liga
From Wikipedia, the free encyclopedia
A ABA Liga, tamén coñecida como a Liga do Adriático e por motivos de patrocinio AdmiralBet ABA Liga, é unha competición de baloncesto profesional de máximo nivel na que xogan equipos de Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Macedonia do Norte, Montenegro e Serbia, todas elas repúblicas da antiga República Federal Socialista de Iugoslavia. No pasado teñen participado tamén clubs de Bulgaria, Hungría, Israel e a República Checa.[1] A ABA Liga convive coas competicións nacionais de cada país (1. A SKL, HT Premijer liga, Košarkaška liga Srbije, Makedonska prva liga, Prva A Liga, Super liga BiH). Todos os equipos da competición únense ás súas respectivas ligas a finais da primavera, cando a tempada regular e os play offs da ABA rematan.
Tipo | liga deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | baloncesto ![]() |
Organizador | Unión de Ligas Europeas de Baloncesto ![]() |
Liga superior | Euroleague Basketball ![]() |
Liga inferior | ABA Liga 2 ![]() |
Número de participantes | 14 ![]() |
Localización e Datas | |
País | Bosnia e Hercegovina, Croacia, Serbia, Eslovenia e Macedonia do Norte ![]() |
Vixencia | 2001 – ![]() |
Calendario da tempada | outubro – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | aba-liga.com ![]() |
A Liga é un proxecto privado. Foi fundada en 2001 e dirixida até 2015 pola compañía eslovena Sidro baixo a Adriatic Basketball Association (do inglés: Asociación de Baloncesto do Adriático, ABA). Desde 2015 a organizadora da competición é ABA League JTD, unha asociación para a organización de actividades deportivas con sede en Zagreb, Croacia. A ABA é membro de pleno dereito da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB), así como membro con dereito a voto no corpo directivo da Euroliga.