![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f2/DNA_UV_mutation_gl.svg/langgl-640px-DNA_UV_mutation_gl.svg.png&w=640&q=50)
Mutáxeno
axente físico, químico ou biolóxico que altera a información xenética dun organismo / From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioloxía, un mutáxeno (en latín, "que orixina cambio") é un axente físico, químico ou biolóxico que altera ou cambia a información xenética (xeralmente ao alterar o ADN) dun organismo e iso incrementa a frecuencia de mutación por riba do nivel natural. Cando un axente orixina numerosas mutacións que causan cancro denomínase axente carcinóxeno ou canceríxeno. Non todas as mutacións son causadas por mutáxenos, xa que hai "mutacións espontáneas", chamadas así debido a que se producen por erros na reparación e a recombinación do ADN.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f2/DNA_UV_mutation_gl.svg/320px-DNA_UV_mutation_gl.svg.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/21/GHS-pictogram-silhouette.svg/640px-GHS-pictogram-silhouette.svg.png)
Aínda que as mutacións adoitan ser prexudiciais, e orixinan doenzas, anormalidades e cancros, hai que salientar que, grazas a elas, xérase biodiversidade e é posible a evolución. Se non fora polas variacións que producen estas alteracións no ADN, non habería variabilidade fenotípica, nin adaptación aos cambios ambientais.