![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/31/Tauraco_persa_%2528captive_-_Birds_of_Eden%2529.jpg/640px-Tauraco_persa_%2528captive_-_Birds_of_Eden%2529.jpg&w=640&q=50)
Musofáxidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os musofáxidos (Musophagidae), que significa literalmente 'comedores de plátanos', a maioría xeralmente chamados turacos, son unha familia de aves. Son aves semicigodáctilas, xa que poden mover a súa cuarta deda (a externa) adiante e atrás. A segunda e terceira dedas, que sempre apuntan cara a adiante, están unidas entre si nalgunhas especies. Os musofáxidos a miúdo teñen cristas prominentes na cabeza e colas longas; os turacos son notables polos seus peculiares e exclusivos pigmentos que lles dan brillantes cores verdes e vermellas ás súas plumas.
Musophagidae Rango fósil: Oligoceno - Holoceno, (24-0 Ma) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Tauraco persa | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
| |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
Tradicionalmente, este grupo foi asociado cos cucos na orde Cuculiformes, pero a taxonomía de Sibley-Ahlquist elevou este grupo a unha orde propia chamada Musophagiformes. Foron propostos como ligazóns entre o hoatzín e as outras ordes de aves,[1] pero isto foi posteriormente discutido.[2] Análises xenéticas recentes apoian fortemente darlle categoría de orde a Musophagiformes.[3][4][5]
Os musofáxidos son paxaros arbóreos de mediano tamaño endémicos da África subsahariana, onde viven en bosques e sabanas. O seu voo é débil, pero poden desprazarse rapidamente polo dosel arbóreo. Aliméntanse principalmente de froitas e en menor medida de follas, gromos e flores, ocasionalmente comen insectos, caracois e lesmas. Como suxire o seu nome, encántanlles os plátanos e poden ser domesticados como para podelos alimentar á man. Tamén comen uvas e papaia.
Son aves gregarias que non migran senón que se moven en grupos familiares de ata 10 individuos. Moitas especies de musofáxidos son ruidosas, e algunhas son coñecidas polas súas penetrantes chamadas de alarma, que alertan á demais fauna da presenza dun predador ou cazador. Os musofáxidos constrúen grandes niños de paus nas árbores, e poñen 2 ou 3 ovos. Os xoves nacen cunha grosa capa de penuxe e cos ollos abertos ou case abertos.[6]