Lista de museos numismáticos
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un museo numismático, en sentido estrito, é aquel dedicado en exclusiva ás moedas, ás medallas e a outros diversos obxectos relacionados con elas (a súa cuñaxe, o coleccionismo, o seu estudo etc.). No entanto, tamén é frecuente que os museos históricos, culturais, arqueolóxicos ou etnogáficos dispoñan de amplas coleccións numismáticas entre os seus fondos e, mesmo, con gabinetes ou departamentos específicos dedicados á numismática.