Munster
provincia de Irlanda From Wikipedia, the free encyclopedia
provincia de Irlanda From Wikipedia, the free encyclopedia
Munster (en irlandés: an Mhumhain ou Cúige Mumhan) é unha provincia de Irlanda, localizada na parte suroeste da illa. A provincia ten unha orixe moi antiga, e continúa a ser unha rexión cultural, que forma parte da identidade local. En canto a xeografía o Munster abrangue unha área total de 24.607 km², sendo a súa cidade máis poboada, con 119.143 habitantes (2006), é Cork.
Cúige Mumhan (ga) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Irlanda | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.246.088 (2011) (50,64 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 24.607,52 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IE-M | ||||
O nome da provincia deriva do deus celta Muma e está composta por seis condados Clare, Cork, Kerry, Limerick, Tipperary e Waterford. Outrora estivo dividido en tres reinos: Ormond ao leste, Desmond ao sur e Thomond ao norte, representando as tres coroas da bandeira aos mesmos. Cómpre sinalar que esta bandeira é bastante semellante á da cidade de Dublín, que consiste en tres castelos situados de xeito semellante sobre un fondo azul.
A provincia estivo dividida en seis rexións: Tuadh Mhuman (Munster Norte), Des Mhuman (Munster Sur), Urh Mumhan (Munster Leste), Iar Mumhan (Munster Oeste), Ernaibh Muman (a parte do Munster da tribo de Ernair) e Deisi Muman (a parte do Munster da tribo de Deisi). Durante a Alta Idade Media a maior parte da zona foi parte do Reino de Munster, gobernado polo Eóganachta, que sucedeu á Dáirine ou Corcu Loígde a partir do século VII. No século IX os galos sumáronse os viquingos nórdicos, fundando cidades como Cork, Limerick e Waterford. En 1118 Munster fracturouse no Reino de Thomond, Reino de Desmond e o breve Reino de Ormond. No século XIV houbo na zona influencia normanda, e os reinos dividíronse en diferentes Condados, pasando a formar parte do Señorío de Irlanda.
Xa no século XIX gran parte da zona foi golpeada fortemente pola "Gran Fame irlandesa", especialmente no oeste. Antes da mesma a provincia tiña arredor de tres millóns de habitantes, diminuíndo en consecuencia radicalmente. Despois de que o reino irlandés se fusionase co Reino Unido, houbo unha guerra no século XX como resultado da secesión do Estado Libre Irlandés, habendo unha breve República do Munster independente durante a guerra civil irlandesa, durando finalmente trinta días.
Cork é a máis grande cidade, cunha poboación de 186,239 habitantes (2002) e 380,000 ó longo da Grande Área de Cork.
Outras cidades importantes son Limerick de 86,998 habitantes (2002) que tamén ten arredor de 100,000 persoas nos seus arredores, e Waterford con 46,736 habitantes (2002).
(* pobos na area Metropolitana de Cork)
O irlandés é falado como primeiro linguaxe nas Gaeltachtaí (areas falantes de irlandés);
O irlandés en Munster, como no resto de Irlanda, está tamén a medrar fora das Gaeltachtaí. Ó longo dos derradeiros trinta anos, ten habido un forte aumento nas Gaelscoileanna (escolas irlandesas). Como en Dublín ou en Belfast, hai hoxe unha pequena comunidade gaélicofalante en Cork.
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.