Multiplicación
operación matemática / From Wikipedia, the free encyclopedia
A multiplicación é unha operación matemática que consiste en sumar un número tantas veces como indica outro número. Así, 4×3 (léase "catro multiplicado por tres" ou, simplemente, "catro por tres") é igual a sumar tres veces o valor 4 por si mesmo (4+4+4).
A multiplicación está asociada ao concepto de área xeométrica.
O resultado da multiplicación de varios números chámase produto. Os números que se multiplican chámanse factores ou coeficientes e individualmente, multiplicando (número que se suma ou número que se está multiplicando) e multiplicador (veces que se suma o multiplicando).
Esta diferenciación entre "multiplicando" e "multiplicador" pode ser superfluo nalgúns contextos, por exemplo, cando o conxunto onde está definido o produto verifica a propiedade conmutativa da multiplicación (por exemplo, no conxunto dos números reais); pero pode ser útil cando nos referimos ao multiplicador dunha expresión alxébrica (por exemplo, en "a2b + a2b + a2b" ou "3a2b", 3 é o multiplicador, mentres que "a2b" é o multiplicando).
En álxebra moderna adóitase usar a denominación cociente ou multiplicación, coa súa notación habitual ("·") para designar a operación externa nun módulo, para designar tamén a segunda operación que se define nun anel (aquela para a que non está definido o elemento inverso do 0), ou para designar a operación que dota a un conxunto de estrutura de grupo.
A operación inversa da multiplicación de números é a división.