From Wikipedia, the free encyclopedia
O salmonete de lama[1] (Mullus barbatus) é unha especie de peixe da familia Mullidae. Encóntrase principalmente no mar Mediterráneo e Atlántico Norte. A súa cor característica entre rosado e vermello deulle o nome popular de 'salmonete' ('pequeno salmón'), usado tanto en España como en Portugal. Salmonete tamén é o de rocha (Mullus surmuletus ). En Francés chámaselle “rouget-barbet” e en inglés “red mullet”—en razón á súa cor—, en italiano “triglia” —que pode ser di scolglio ou di fango—, en alemán “Meerbarbe”, que alude as súas barbas.
Salmonete de lama | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Non avaliado | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Mullus barbatus' Linnaeus, 1758 |
Este peixe habita no fondo da plataforma continental que se captura principalmente nas costas do mar Mediterráneo. Posúe un corpo alongado de 10 a 15 cm. Esta especie aliméntase de poliquetos, isópodos e moluscos en xeral. É un peixe branco desde o punto de vista nutricional.
A cociña mediterránea ten diferentes pratos baseados no salmonete. É moi frecuente velo en mercados desta área. Unha parte moi apreciada do salmonete é o seu fígado. Noutros peixes tírase, pero no salmonete é usado en moitas receitas para, unha vez machacado, facer salsa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.