Mu isamaa, mu õnn ja rõõm
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mu isamaa, mu õnn ja rõõm (A miña terra nai, o meu gozo e dita) foi adoptado como himno nacional (en estoniano: riigihümn, ou rahvushümn) da República da Estonia en 1920, sendo retomado en 1990. Entre 1956 e 1990, a República Socialista Soviética de Estonia, parte da Unión Soviética, tiña un himno diferente: Eesti NSV hümn.
Datos rápidos Himno de, Letra ...
Mu isamaa, mu õnn ja rõõm | |
---|---|
En galego: A miña terra nai, o meu gozo e dita | |
Himno de | Estonia |
Letra | Johann Voldemar Jannsen 1869 |
Música | Fredrik (Friedrich) Pacius 1848 |
Adoptado | 1920 |
Mostra da música | |
Pechar
A letra foi escrita por Johann Voldemar Jannsen para unha melodía composta en 1848 por Fredrik (Friedrich) Pacius que tamén compuxo a música do himno nacional da Finlandia: Maamme.
A canción presentouse ao público pola primeira vez no decorrer do Gran Festival da Canción de Estonia en 1869 e tornouse rapidamente no símbolo do Nacionalismo estoniano.