Motu Iti
From Wikipedia, the free encyclopedia
Motu Iti, ou tamén Hatu Iti, é unha illa das Marquesas, na Polinesia francesa. O nome Motu Iti significa «illa pequena». Igualmente é un nome común na Polinesia utilizado en moitos lugares diferentes; tales como un illote na Illa de Pascua, fronte ao volcán Rano Kau.
Datos rápidos Situación, País ...
Motu Iti | |
---|---|
vista da illa | |
Localización | |
Situación | |
País | Francia |
Colectividade de ultramar | Polinesia Francesa |
Arquipélago | Illas Marquesas |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 8°40′48″S 140°37′00″O |
Xeografía | |
Superficie | 0´200 km² |
Longura máxima | 670 m. |
Largura máxima | 565 m. |
Punto máis alto | 220 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Pechar
A illa de Motu Iti nas Marquesas, está situada no grupo norte do arquipélago, ao noroeste de Nuku Hiva.
A illa consta de dúas rochas: Motu Iti e Plate. Por este motivo Etienne Marchand, tras descubrilas en 1791, bautizounas como Deux-Frères, «dous irmáns». Motu Iti é de orixe volcánica e ten unha altitude máxima de 220 metros. Está deshabitada e depende administrativamente da comuna de Nuku Hiva.