From Wikipedia, the free encyclopedia
Un tabán social ou moscardo social é unha persoa que interfire co statu quo dunha sociedade ou comunidade suscitando preguntas novidosas e potencialmente molestas, xeralmente dirixidas ás autoridades. O termo está orixinalmente asociado co filósofo grego Sócrates, na súa defensa cando foi xulgado pola súa vida.
O termo "tabán" ou "moscardo"[1] (en grego: μύωψ,[2] mýops [3]) foi usado por Platón na Apoloxía[4] para describir a Sócrates actuando como un aguillón incómodo para a escena política ateniense, como un esporón ou unha mosca que pica espertando un cabalo lento.
Durante a súa defensa cando foi xulgado pola súa vida, Sócrates, segundo os escritos de Platón, sinalou que a disidencia, como o moscardo, era fácil de esmagar, pero o custo para a sociedade de silenciar ás persoas que eran irritantes podería ser moi elevado:
"Se matan un home coma min, faranse máis dano a vostedes mesmos do que a min”
De aí provén o alcume de Sócrates como "moscardo de Atenas".[5]
William Shakespeare usa a metáfora do moscardo (en inglés "gadfly") en The tragedy of Antony and Cleopatra, Hamlet e O rei Lear.[6][7]
A finais do século XIX, en 1897, Ethel Voynich publicou a novela The Gadfly sobre as loitas do axente revolucionario A. Burton na Italia do Risorgimento. A obra tornouse moi popular na Unión Soviética, sendo considerada ideoloxicamente útil.[8] En 1955, o realizador soviético Aleksandr Fajntsimmer adaptou a novela para un filme homónimo (Ovod, en ruso). O compositor Dmitrii Shostakovich, quen tamén compuxo temas sobre as obras de Shakespeare, escribiu a banda sonora.[9]
Na política moderna, un tabán ou moscardo é alguén que desafía persistentemente ás persoas en posicións de poder, o statu quo ou unha posición popular.[10] Por exemplo, Morris Kline escribiu:
"Hai unha función para o moscardo que suscita preguntas que moitos especialistas quererían ignorar. A polémica é saudable." [11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.