![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/AyuntamientoMonturque1.jpg/640px-AyuntamientoMonturque1.jpg&w=640&q=50)
Monturque
From Wikipedia, the free encyclopedia
Monturque é un concello andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2011 tiña 2.001 habitantes. A súa extensión superficial é de 33 km² e ten unha densidade de 60,8 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 395 metros e a 61 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Córdoba ![]() | |||
Capital | Monturque ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.929 (2023) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 33 km² ![]() | |||
Altitude | 395 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde ![]() | Antonio Castro ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 14930 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 14044 ![]() | |||
Páxina web | monturque.es ![]() | |||
![]() |
Limita polo norte con Montilla, polo noroeste con Aguilar de la Frontera, polo leste con Moriles, polo sur con Lucena e polo oeste con Cabra. O nome do municipio deriva dos vocábulos "mons" (monte) e "urk" (ou "ruqa", rocha), cuxo significado é "Monte de Rocha" ou "Monte da Rocha". Isto queda plenamente xustificado xa que o pobo se asenta sobre unha gran rocha calcaria. Outra teoría afirma que o nome procede do conquistador bérber Tariq ibn Ziyad (monte de Tariq, Monturque), do mesmo modo que Xibraltar (Yabal Tariq, Monte de Tariq).