![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/15/Bandera_de_Montehermoso.jpg/640px-Bandera_de_Montehermoso.jpg&w=640&q=50)
Montehermoso
From Wikipedia, the free encyclopedia
Montehermoso é un concello estremeño na provincia de Cáceres, España, que contaba no 2008 con 5769 habitantes. Montehermoso foi fundada no século XIII como aldea do Señorío de Galisteo e emancipouse como concello en 1837, cando o resto dos lugares do señorío.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Estremadura | |||
Provincia | Provincia de Cáceres ![]() | |||
Capital | Montehermoso ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 5.619 (2023) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 96 km² ![]() | |||
Altitude | 394 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | Aceituna Riolobos (pt) ![]() Guijo de Galisteo (pt) ![]() Alagón del Río Valdeobispo (pt) ![]() Galisteo (pt) ![]() Pozuelo de Zarzón (pt) ![]() ![]() | |||
Creación | século XIII ![]() | |||
Santo padrón | Bertomeu ![]() | |||
Organización política | ||||
• Alcalde ![]() | Carlos Javier Labrador Pulido (en) ![]() ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 10810 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 10127 ![]() | |||
Páxina web | montehermoso.es ![]() |
Limita ao norte con Pozuelo de Zarzón e Aceituna, polo sur con Riolobos, polo oeste Guijo de Galisteo e polo oriente linda con Galisteo e Valdeobispo.
Todos os regatos de Montehermoso van para ao río Alagón, que marca o límite dos termos municipais de Montehermoso e Valdeobispo e de Montehermoso e Galisteo. Os arroios máis importante que pasan polo concello son os de Aceituna, El Pez, La Nava e Ribera del Bronco.
No norte do concello atópase o encoro de Montehermoso, no arroio do Pez. Outro encoro é a presa de Valdeobispo, no seu límite con Valdeobispo.
No seu territorio encóntranse ademais varias lagoas, como a Lagoa del Tremedal, Lagoa del Jerrao, Lagoa Nueva etc.