O Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol[3] é un club de fútbol galego da cidade da Coruña, que compite no Grupo 1 da Preferente Galicia. Foi fundado en 1978[1][2] e chegou a competir na Segunda División B entre as tempadas 2009/10 e 2011/12
Atlético Coruña Montañeros | ||
---|---|---|
Nome | Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol | |
Fundación | 1978[1][2] | |
Presidente | Luis Cousillas | |
Adestrador | Jairo Arias | |
Liga | Preferente - Grupo I | |
2023/24 | 6º | |
Na rede | ||
http://www.atleticocoruna.com/monta/ | ||
| ||
Historia
O Montañeros xorde no ano 1968 como unha asociación de “boy scouts” chamada Asociación Juvenil Montañeros del Sagrado Corazón vinculada ao colexio dos xesuítas da Coruña. A partir de 1973 comeza a práctica do fútbol, feito que levaría a que no ano 1978 se crease un club de fútbol federado chamado Club Montañeros del Sagrado Corazón que participa en categorías xuvenís. Nesta época xorde do club unha peña madridista[1][2].
En 1994, co club ao bordo da desapación, un grupo liderado por Fausto Vázquez faise coa dirección do club e faino rexurdir. A entidade cambia o seu nome polo de Montañeros Club de Fútbol e poténcianse os equipos de fútbol base. No ano 2003, tralo ascenso do equipo xuvenil á División de Honra, e co apoio do Banco Gallego, créase o equipo sénior[4]. O club adoptará o nome de Montañeros Club de Fútbol Banco Gallego.
Pouco a pouco comezou a facerse notar nas divisións autonómicas galegas, e foi avanzando categorías ata chegar a ser profesional. Na tempada 2006/07 acadando o cuarto ascenso consecutivo chegando á Terceira División. Na súa primeira tempada na categoría o equipo conseguiu salvar a categoría quedando no oitavo posto. Na tempada 2008/09 o equipo rematou na segunda posición, posto que lle fixo disputar a promoción de ascenso. Aínda que non conseguiu ascender de categoría no terreo de xogo xa que perdeu contra o Hellín Deportivo, o descenso administrativo do Cidade de Santiago fíxolle ocupar a súa praza coma mellor galego clasificado[5]. Por esta razón, o Montañeros debutou na tempada 2009-10 na Segunda División B, quedando 10º. Logo de tres anos na categoría de bronce, remata a tempada 2011-12 en 18º lugar e descende á Terceira División.
Porén, a falla de apoios económicos provocou que o equipo nunca chegase a competir de novo nesa categoría. O 1 de xuño de 2012, o Montañeros anuncia a disolución do seu equipo sénior e a súa vontade de centrarse no traballo coa canteira.[6] En 2014 o club foi absorbido polo Atlético Coruña Club de Fútbol xunto co Sporting Universidade[7][8]. En 2016 o club cambia o seu nome polo de Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol[9]. A partir de 2016 volve contar con equipo sénior tras herdar a praza do Sporting Universidade.
Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta morada, pantalón morado e medias moradas.
Uniformes históricos
Titular (2012)
|
Suplente (2012)
|
Estadio
O Montañeros non conta con estadio en propiedade. Durante a etapa 2003-2012, o equipo sénior xogaba os seus partidos na Grela e, posteriormente, en Elviña, aínda que tamén chegou a disputar un partido en Riazor fronte ao Alavés[10] despois de llo solicitar ao concello[11].
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 3
- Tempadas en 3ª: 2
- Mellor posto na liga: 10º (2ª B, tempada 2009-10)
- Participacións na Copa do Rei: 0
- Promocións de ascenso a Segunda B: 1 (0 ascensos)
Historial na liga
|
|
Palmarés
- Subcampión da Terceira División de España (1): 2008/09
- Preferente Galicia (1): 2006/07
- Primeira Galicia (2): 2005/06, 2017/18
- Segunda Galicia (1): 2004/05
- Terceira Galicia (1): 2003/04
- Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (1): 2010/11
- Copa da Coruña (1): 2005
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.