Montañas Ródope
cordilleira / From Wikipedia, the free encyclopedia
As Montañas Ródope (en serbio Родопи , Rodopi Родопите, Rodopite tamén chamadas Родопа, Rodopa ou Родопа планина, Rodopa planina; grego Ροδόπη, Rodopi, "Avermelladas") son unha cadea montañosa situada no sueste de Europa, co 83% da súa superficie en Bulgaria e o resto en Grecia. O seu cumio máis alto é, Golyam Perelik (2.191 m), constitúe o sétimo maior cumio de Bulgaria. A rexión destaca polas súas áreas cársticas, as súas fervenzas, os seus canóns feitos polo desgaste dos ríos, e as súas covas e cavernas feitas pola erosión da auga.