bloque dunha soa pedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Un monólito é un bloque de rocha de gran tamaño, composto dun só elemento.[1]
O termo monólito é un cultismo calcado do adxectivo latino monolithus, 'constituído por unha soa pedra', á súa vez calcado do grego antigo μονόλιϑος monólithos, formado polo elemento μόνο-, de μόνος mónos, 'un só', e λίθος líthos, 'pedra'. Literalmente 'unha soa pedra'. O termo entrou nas linguas modernas en 1829, a partir do francés monolithe.[2]
Utilízase este termo para referirse tanto aos monólitos de orixe natural —un accidente o trazo xeomorfolóxico, similar a unha montaña— como aos realizados polo ser humano, que ou ben os tallou como monumentos, ou ben extraeu boques pétreos das canteiras desde a antigüidade para construílos.
Os monólitos naturais están formados por unha única rocha individual, que a erosión normalmente deixou exposta e que, na súa maioría, é unha rocha metamórfica dura e sólida.
A referencia cultural máis coñecida é o estraño monólito negro de orixe extraterrestre do filme 2001: Unha odisea do espazo de Stanley Kubrick, que formaba parte dunha rede informática establecida por unha civilización extraterrestre para realizaren o seguimento dun experimento evolutivo que finalmente culminou na humanidade na Terra.
Por outra parte, na película Stalker, de Andrei Tarkovsky, hai unha importante referencia a un monólito do recinto da planta nuclear de Chernóbil, capaz de realizar os maiores desexos do home.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.