single debut da cantante francesa Alizée From Wikipedia, the free encyclopedia
Moi... Lolita, (en galego, Eu... Lolita), é o single debut da cantante francesa Alizée, a canción foi lanzada o ano 2000. Foi popular en Francia, España, Bélxica, Austria, Países Baixos, Siria, Ucraína, Grecia, Rusia, Italia, Alemaña, Polonia e no Reino Unido. É unha das poucas cancións en francés, ou en calquera outro idioma que non sexa o inglés, en ser un hit Top 10 do Reino Unido.
Nome | Moi... Lolita |
Artista | Alizée |
Álbum | Gourmandises |
Lanzamento | Xuño de 2000 |
Formato | CD single, CD maxi |
Estilo | Pop |
Duración | 03:45 |
Discográfica | Polydor |
Produtor | Laurent Boutonnat |
Escritor | Mylène Farmer |
Director | Laurent Boutonnat |
Sinxelo posterior | L'Alizé |
Ligazón externa | - "Moi... Lolita" |
A canción foi escrita por Mylène Farmer e composta por Laurent Boutonnat.
A canción, como a maioría dos temas compostos por Mylène Farmer, fai referencias a personaxes literarios, escritores e utiliza metáforas cun texto rebuscado e complexo.
A canción foi fundamental para mostrar a imaxe de Alizée como o dunha sedutora Lolita, personaxe da novela de Vladimir Nabokov.
A letra da canción tamén fai varias referencias á cantante e autora do tema Mylène Farmer.
A música foi composta integramente por Laurent Boutonnat.
O vídeo de Moi... Lolita desenvólvese no que parece ser un campo de trigo e Alizée interpreta un papel, Lolita. Na primeira parte ela foxe dun pretendente, pídelle cartos e vaise. Máis tarde chega á súa casa, a súa madrasta, que está tendendo a roupa, enfádase e bérralle, logo lánzalle un cesto con roupa mollada. Alizée e a súa irmanciña (no vídeo), toman o autobús mentres o seu pretendente trata de alcanzala. Na segunda parte, Alizée atópase no que parece ser unha discoteca, senta á súa irmanciña e vaise cambiar e maquillarse. Despois ponse a bailar. Ao longo do vídeo Alizée canta nun estudio. Ao final, regresan á su casa, o pretendente, vai tras delas. O vídeo estreouse o 26 de xullo de 2000, no programa de televisión francesa M6, e foi dirixido por Laurent Boutonant.
A pesar de non acadar a primeira posición en Francia, a canción é unha das súas cancións de maior éxito neste país, estivo no top 5 durante 24 semanas consecutivas, pero foi incapaz de alcanzar a primeira posición por "Les Rois du monde" de Gregori Baquet, Damien Sargue e D'Avila que foi número 1 durante 17 semanas seguidas.
Cando o seguinte single "L'Alizé" alcanzou o número 1, "Moi... Lolita" atopábase aínda na posición número 3. A canción foi certificada co disco de oro dous meses despois do seu lanzamento, e eventualmente co disco de diamantes pola SNEP por un mínimo de 750.000 copias vendidas. En total, a canción vendeu máis de 1.282.000 de copias, converténdose no trixésimo primeiro single máis vendido en Francia.
Alizée sacou unha nova versión desta canción debido a que posúe os dereitos da letra, pero non da música. Esta versión foi cantada por primeira vez no programa Star Academy no ano 2007. Esta versión foi editada quitando o famoso lo-li-ta por ser similar a unha parte dunha canción de Madonna, e foi a que utilizou dende entón en presentacións de TV e nos seus concertos.
En 2010 sacou unha nova versión deste éxito, regresando á letra orixinal utilizando o famoso lo-li-ta, esta versión foi producida por Chateau Marmont tendo un son máis electrónico, e foi presentada o día 12 de maio no programa Generation 90, sendo transmitido oficialmente o 31 de xullo do 2010.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.