Mogán
concello da illa de Gran Canaria / From Wikipedia, the free encyclopedia
Mogán é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado ao suroeste da illa de Gran Canaria.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Las Palmas | ||||
Capital | Mogán (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.845 (2023) (120,89 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 172,43 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 253 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Onalia Bueno García (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35140 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 35012 | ||||
Páxina web | mogan.es |
Con máis de 18.000 habitantes no termo municipal, dos que ao redor de 500 viven na vila, Mogán localízase nun fermoso val que se estende desde o barranco do Mulato ata a costa. No litoral atópase o seu histórico porto pesqueiro, no pasado único medio de comunicación co resto da illa.
A cabeceira do municipio áchase a unha altitude duns 250 metros, e a unha distancia de 93 quilómetros da capital insular, As Palmas de Gran Canaria.
A conexión coa rede de estradas do litoral grancanario foi o principal factor que promoveu a substitución da tradicional economía agrícola-pesqueira do municipio pola súa actual actividade turística, concentrada no porto de Mogán. Con todo, a agricultura non se abandonou: os cultivos tradicionais foron substituídos por outros máis rendibles, como as froitas tropicais destinadas á exportación.
A vila de Mogán é parada para quen se dirixe ao, ou vén do, municipio veciño de La Aldea de San Nicolás. Mogán festexa a Santo Antón de Padua o Mozo o 13 de xuño, e ao Grande o primeiro domingo de agosto, cunha romaría na que participan todos os pagos do municipio. Ao seu termo realízase un canto de gran tradición: o canto aos Pajaritos. A festividade de Santo Antón o Grande naceu como unha promesa ante unha praga de cigarras que azoutou os cultivos.