Moedas da coroa austrohúngara
moedas do Imperio Austrohúngaro do sistema da coroa / From Wikipedia, the free encyclopedia
As moedas da coroa austrohúngara son as cuñadas consonte o sistema monetario oficial do Imperio Austrohúngaro, desde 1892 (cando a coroa substituíu o florín ao se adoptar o padrón ouro) ata a disolución do imperio en 1918. A unidade monetaria era a coroa austrohúngara (alemán: Krone; húngaro: korona) que tiña o heller como divisionaria na parte austríaca e o fillér na parte húngara do imperio (ademais de halier en Eslovaquia e haléř en Chequia), todas elas equivalentes á centésima parte da coroa.[1]
- Artigo principal: Coroa austrohúngara.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ea/Numismatic_postcard_from_the_early_1900%27s_-_Austria-Hungary_%28Cisleithania%29_01.png/320px-Numismatic_postcard_from_the_early_1900%27s_-_Austria-Hungary_%28Cisleithania%29_01.png)