Moeda de 2.000 pesetas
tipo de moeda española / From Wikipedia, the free encyclopedia
A moeda de 2.000 pesetas é unha moeda española de prata con ese valor facial cuñada pola FNMT entre 1989 e 2001.
Emitíronse dous tipos de moedas de 2.000 pesetas, ambas con carácter conmemorativo: por unha parte a circulante, emitida para a súa posta en circulación —malia que esta fose escasa— e distribuída polas entidades bancarias ao seu valor facial; por outra banda, a emitida para a súa comercialización, destinada ao coleccionismo numismático e distribuída a través de canles comerciais, a un prezo superior ao seu valor facial.