From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha moeda é unha peza de metal cun peso e lei garantidos por unha autoridade.
As moedas foron unha tentativa ben éxitosa de organizar a comercialización de produtos, e substituír a simple troca de mercadorías. Hai diverxencias sobre cal pobo foi o primeiro en utilizar a técnica da cuñaxe de moedas, pois hai indicios de que en 1100 a.C. a China emitiu unidades metálicas cun peso e valor uniformemente determinado e que podemos considerar as primeiras moedas. No ámbito europeo e mediterráneo aparecen por primeira vez no século VI a.C. en Lidia (Asia Menor). Desde aquí estendeuse o seu uso por Grecia e os fenicios levárono por todo o Mediterráneo.
Durante moitos anos a moeda posuía un valor real, dependía do metal de que era feita e tiña un valor equivalente ao do metal co que se fabricaba (ouro ou prata). Hoxe, a maioría dos países do mundo usan moedas de valor nominal, pois o seu valor non corresponde ao metal de que é producida.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.