Modos de transposición limitada
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os modos de transposición limitada son modos musicais creados polo compositor francés Olivier Messiaen.
Baseado na escala cromática occidental de doce notas, estes modos compóñense de varios grupos de notas que se xeran a partir dunha certa secuencia de intervalos ou módulos xeradores, onde a última nota de cada grupo é a primeira nota do seguinte. Como o seu nome indica, despois dun certo número de transposicións cromáticas (é dicir, subindo ou baixando un semitón) cada modo non se pode seguir transportando - a transposición seguinte dá por resultado exactamente as mesmas notas que as primeiras.
Por exemplo, o primeiro modo contén as notas dó, re, mi, fa#, sol#, la#, dó; transportando este modo cara a arriba un semitón dános dó#, re#, mi#, fax, solx, lax, dó#. Transportando isto un semitón máis cara a arriba daríanos re, mi, fa#, sol#, la#, si#, re, que é exactamente co que comezamos. Neste caso dicimos que o primeiro modo é transportable cromaticamente só unha vez, é dicir: para este modo existen dúas únicas transposicións posíbeis.
Messiaen encontrou maneiras de empregar todos estes modos tanto harmónica como melodicamente.
- Modo I: divídese en dous grupos de catro notas cada un. O módulo xerador contén 1 ton. Existen dúas transposicións posíbeis. Esta é a escala de tons enteiros, bastante empregada desde Debussy:
- Modo II (tamén chamado escala octatónica): divídese en catro grupos de tres notas cada un. O módulo xerador contén ½-1 tons. Existen tres transposicións posíbeis, como o acorde de sétima diminuída:
- Modo III: divídese en tres grupos de catro notas cada un. O módulo xerador contén 1-½-½ tons. Existen catro transposicións posíbeis, como a tríada aumentada:
- Modo IV. divídense en dous grupos de catro, cinco ou seis notas cada un. Existen seis transposicións posíbeis, como o intervalo de cuarta aumentada. O módulo xerador contén ½-½-1½-½ tons:
- Modo V: o módulo xerador contén ½-2-½ tons:
- Modo VI: o módulo xerador contén 1-1-½-½ tons:
- Modo VII: o módulo xerador contén ½-½-½-1-½ tons:
A simetría inherente a estes modos (que significa que ningunha nota se pode percibir como a tónica), xunto con certos recursos rítmicos, tales como o uso de ritmos no retrogradábeis, descríbeos Messiaen como o que contén «o encanto das imposibilidades».