From Wikipedia, the free encyclopedia
A misión dunha empresa, en xeral dunha organización (incluíndo relixiosa) é unha formulación breve que define o propósito de tal organización.
A misión ten sentido en tanto sexa coñecida polos stakeholders (involucrados directa ou indirectamente na organización ou potencialmente influentes sobre a organización), pois proporciona un marco obxectivo, sen ambigüidades nin malos entendidos, para entender o que se espera da organización, e o que espera a organización de cada un.
A declaración da misión é unha forma moi difundida e efectiva de comunicarlles a misión. A súa efectividade depende de dous aspectos principais:
Esta última característica é moi importante para unha difusión e absorción rápida e efectivado concepto. A única contra que se lle atribúe é a forma antiestética, complicada e contranatural que adoita adoptar a frase, que pode producir aversión, polo menos a primeira vez que se le.
Nunha empresa, o proceso de formulación da misión é un traballo directivo, que non debe ser delegado nunha área. Non é un traballo da área de recursos humanos, de mercadotecnia, de estratexia ou de control de xestión.
O obxectivo deste proceso é lograr un acordo directivo no obxectivo da organización e o xeito de procurar ese obxectivo.Como resultado deste proceso xorde unha declaración da misión. A declaración en si mesma non é o obxectivo do proceso, senón a "proba" de que se logrou acordo sobre a misión da compañía.
Existen varias técnicas para a elaborar esta declaración. Todas elas procuran:
A natureza escrita a declaración da misión elimina a subxectividade e a ambigüidade que adoita existir entre os stakeholders. Nas compañías sen declaración da súa misión, cada empregado adoita formular unha resposta diferente se se lle consulta sobre o obxectivo da empresa.
A misión pode usarse para resolver as diferenzas entre distintos stakeholders da empresa, incluíndo empregados, xestores, accionistas, directores, clientes, provedores, distribuidores, prestamistas, gobernos (local, estatal), sindicatos, competencia, ONGs
e o público en xeral.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.