![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2a/Joseph-Beno%25C3%25AEt_Suv%25C3%25A9e_-_Milo_van_Croton_%25281763%2529.jpg/640px-Joseph-Beno%25C3%25AEt_Suv%25C3%25A9e_-_Milo_van_Croton_%25281763%2529.jpg&w=640&q=50)
Milón de Crotone
loitador da Grecia antiga / From Wikipedia, the free encyclopedia
Milón de Crotone (en grego antigo Μίλων), nado en Crotone no século VI a.C., foi un loitador da Magna Grecia e un dos atletas máis destacados da Grecia antiga.[1][2][3] Foi seis veces campión dos Xogos Olímpicos, sete veces dos Xogos Píticos, dez dos Xogos Ístmicos e nove dos Xogos Nemeos. Ademais das súas vitorias deportivas, segundo o historiador Diodoro Sículo, liderou aos seus concidadáns a un triunfo militar sobre a veciña Sybaris no ano 510 a. C.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. década de 550 a. C. ![]() Crotone ![]() |
Morte | século VI a. C. ![]() Capo Colonna (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | ataque de lobo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | loitador afeccionado ![]() |
Lingua | Grego antigo ![]() |
Deporte | luta amadora (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Myia |
Premios
|
Descoñécese a data da súa morte, que segundo a lenda, aconteceu mentres intentaba desgarrar unha árbore coas súas mans, quedando estas atrapadas nunha fenda do seu tronco, e sendo devorado por unha manda de lobos (ou por un león nalgunhas versións posteriores). Esta historia foi representada en obras de arte de Pierre Puget, Étienne-Maurice Falconet e outros artistas. Alusións literarias desta historia aparecen en obras como Gargantua e Pantagruel de Rebelais, Troilus e Cressida de Shakespeare ou Le Vicomte de Bragelonne de Alexandre Dumas.