![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0c/Histamenon_nomisma-Micael_V-sb1776.jpg/640px-Histamenon_nomisma-Micael_V-sb1776.jpg&w=640&q=50)
Miguel V
From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel V Calafates (1015 - 24 de agosto de 1042) (en grego Μιχαήλ Καλαφάτης, que significa "o calafate"), foi o sobriño e sucesor como emperador bizantino de Miguel IV e fillo adoptivo da súa esposa Zoe. O seu sobrenome indica o oficio orixinal do seu pai.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1015 (Gregoriano) ![]() Paflagonia (Imperio Bizantino) ![]() |
Morte | 24 de agosto de 1042 ![]() Mosteiro de Estúdio (Imperio Bizantino) ![]() |
Emperador bizantino | |
10 de decembro de 1041 – 20 de abril de 1042 ← Miguel IV – Teodora Porfiroxénita → Xunto con: Zoe Porfiroxénita ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino ![]() |
Relixión | Cristianismo ortodoxo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Tesitura | Castrato ![]() |
Familia![]() | |
Familia | Dinastia macedônica (pt) ![]() ![]() |
Nai | Zoe Porfiroxénita e Teodora Porfiroxénita ![]() |
![]() ![]() |
Debeu o seu ascenso ao trono o 10 de decembro de 1041 ao seu tío Xoán, ao que case inmediatamente recluíu nun mosteiro. Na noite do 18 ao 19 de abril de 1042 tamén fixo deportar a Zoe, a súa nai adoptiva, coa que compartía o poder, converténdose no único emperador. O anuncio de tal feito na mañá do día 19 deu lugar a unha revolta popular. Foi destronado tras un curto reinado de catro meses, cegado e recluído nun mosteiro. Morreu o 24 de agosto de 1042. A súa impopularidade parece ser debida en gran parte ás súas reformas administrativas, que sufriron a forte oposición das clases dominantes, mentres que as clases baixas o consideraban un usurpador.